Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Bravo, número 4885.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que a empresa Granitos del Val, S.L. con domicilio en Mugares-Toén, Ourense presentou nesta delegación provincial, o 21 de decembro de 1998, instancia-solicitude do P.I. Bravo, nº 4885 de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, nos concellos de Barbadás e Toén (Ourense) e que lle correspondeu o nº 4885 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice 17º 55' 00''42º 20' 20''

Vértice 27º 55' 20''42º 20' 20''

Vértice 37º 55' 20''42º 19' 40''

Vértice 47º 55' 00''42º 19' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 4 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense