Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e con tramitación urxente dun contrato de consultoría e asistencia para a elaboración dun estudio de viabilidade técnico-económica dunha planta de xeración de enerxía eléctrica a partir da biomasa forestal entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e As Somozas.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 1/1999.

Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: estudio de viabilidade técnico-económica dunha planta de xeración de energía eléctrica a partir da biomasa forestal entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e As Somozas.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: dous meses e medio a partir da sinatura do contrato.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de contrato (110.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771 .

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

Outras informacións: os licitadores deberán xustifica-la solvencia económica financeira a través dun informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, de conformidade co Art. 16.1º a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou

traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, conforme o Art. 19.b) da mesma lei.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día desde a finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio