Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Carba.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made, Energías Renovables, S.A. (Made), con domicilio social no Paseo de la Castellana, 95, planta 29, 28046 Madrid, sobre autorización das instala

cións do parque eólico denominado Carba, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 30 de setembro de 1997 Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made, solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Carba de 19,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por Resolución do 7 de outubro de 1998, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa citado, 2619/1996 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, tamén mencionado. A citada resolución foi publicada no BOP de Lugo o 26 de outubro de 1998, no xornal El Progreso, o 22 de outubro de 1998; no Boletín Oficial del Estado o 28 de outubro de 1998 e no xornal La Voz de Galicia o 27 de outubro de 1998 e notificada, ademais, por correo certificado con xustificante de recepción a cada un dos propietarios afectados cos que non se tiña un acordo asinado con eles para a cesión dos terreos.

Terceiro.-O 8 de marzo de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipio Vértices

CarbaMuras e VilalbaX Y

0.607.200 4.811.850

0.607.775 4.811.850

0.609.700 4.808.700

0.608.855 4.808.326

0.608.350 4.808.500

Nº de aeroxeradores: 30.

Potencia unitaria por aeroxerador: 650 kW.

Potencia total instalada: 19,5 MW.

Producción máxima anual: 50.662 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.001.888.643 ptas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no

Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, aplicable a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Carba, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio