Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Insuíña, S.L., no municipio de Oia (Pontevedra) e se aproba o seu proxecto de execución. (Expediente 98/286).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Insuíña, S.L., con enderezo para efectos

de notificacións en Avda. de Ardia 172, apartado 35, O Grove (Pontevedra), resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data 16 de novembro de 1998, esta dirección xeral resolveu incluí-la planta de coxeración de 1.500 kW prevista pola empresa Insuíña, S.L. no municipio de Oia, no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, entendéndose incluída no réxime establecido polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, nos termos que dispón o apartado 3º do artigo 2 do dito texto normativo.

Segundo.-Con data 6 de novembro de 1998, a empresa Insuíña, S.L. solicita a autorización administrativa da citada planta de coxeración e a aprobación do seu proxecto de execución, que ten como características básicas as seguintes:

-Dous grupos motoxeradores de 655 kW cada un; dous xeradores síncronos de 781 kVA cada un, 625 kW, 400 V.

-Equipo de control, protección, acoplamento e medida.

-Trafo principal de 1.600 kVA.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 4 de decembro de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 21-12-1998 e no BOP de Pontevedra do 23-12-1998, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Cuarto.-Do proxecto emitín informe favorable a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación

co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Insuíña, S.L., que se vai situar nas súas instalacións do termo municipal de Oia, na provincia de Pontevedra.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada planta de coxeración.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-07-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria