Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 29 de marzo de 1999, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, de cambio de titularidade e trámite de audiencia (expediente 3439).

Cambio de titularidade do predio nº 81.

Obra: N/LC/83.4 ponte e accesos sobre os ríos Pego, Moares e San Xoán C-543 de Santiago de Compostela a Noia.

TM: Santiago de Compostela.

José Luis Rodríguez Esteban, en representación da entidade Gesprocar, S.L., solicita ante este Servicio Provincial de Estradas, o recoñecemento a favor de Gesprocar, S.L. a titularidade do predio nº 81 afectado de expropiación con motivo das obras N/LC/83.4 ponte e accesos sobre os ríos Pego, Moares e San Xoán C-543 de Santiago de Compostela a Noia, no termo municipal de Santiago de Compostela, e que na acta previa á ocupación figura a nome de José Fernández González.

Por este edicto, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de efectua-lo trámite de audiencia recollido no artigo 84 da dita Lei 30/1992, cítase a José Fernández González, do que se descoñece o domicilio, e a cantas persoas poida afecta-lo cambio de titularidade do dito predio, para que no prazo de 15 días a partir da publicación deste edicto comparezan neste Servicio Provincial de Estradas co fin de manifesta-la súa conformidade ou desconformidade coa solicitude de Gesprocar, S.L. e presenten cantas alegacións consideren oportunas, advertíndose que de non recibir ningunha contestación no prazo indicado, se entenderá que non se opoñen á dita solicitude; neste caso efectuarase o cambio de titularidade do referido predio nº 81 a favor de Gesprocar, S.L.

A Coruña, 29 de marzo de 1999.

José Luis Rodríguez Alonso

Xefe do Servicio Provincial de Estradas da Coruña