Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona da Trapa (A Fonsagrada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona da Trapa (A Fonsagrada-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 72/1992, do 6 de marzo, o seguinte:

Primeiro.-Con data do 23 de febreiro de 1999, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona da Trapa (A Fonsagrada-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello da Fonsagrada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 12 de marzo de 1999.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo