Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (31/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón (A Coruña), fago saber que nos autos que a seguir se dirán consta dictada a sentencia co enca

bezamento e resolución, así como autos aclaratorios, do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Padrón o catro de decembro de mil novecentos noventa e oito, Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número de Padrón, viu estes autos de xuízo executivo, número 31/1998, promovidos por Banco Pastor, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado... contra Consmeta, S.L., con DNI/CIF domiciliado en Pol. industrial A Picaraña (Padrón), Casto Larios Sánchez, con DNI/CIF domiciliado en Urb. Verasol, nº 8, 1 e 2, Vera (Almería), Mª Consolación Martín Delgado, con DNI/CIF domiciliado en Urb. Verasol, nº 8, 1 e 2, Vera (Almería) e Pascual Sánchez Rodríguez, con DNI/CIF domiciliado en Urb. Verasol, nº 8, 1 e 2, Vera (Almería), declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Consmeta, S.L., Casto Larios Sánchez, Mª Consolación Marín Delgado e Pascual Sánchez Rodríguez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento pola parte autora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 34.483.413, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas; debo condenar e condeno expresamente a parte demandada ó seu pagamento.

Contra esta sentencia poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

«Auto.

En Padrón o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e oito. Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, pronunciou o seguinte auto, do que son...

Dispoño:

Aclarar e corrixi-los termos da parte dispositiva da sentencia de remate con data do 4 de decembro de 1998 por inducir a erro, no sentido seguinte: onde di: «que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Consmeta, S.L., Casto Larios Sánchez, Mª Consolación Martín Delgado e Pascual Sánchez Rodríguez, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento pola parte autora das responsabilidades polas que se despachou a execución a cantidade de 34.483.413, importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas; debo condenar e condeno expresamente a parte demandada ó seu pagamento», debe dicir: «que debo mandar e mando seguir adiante a exe

cución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Consmeta, S.L., Casto Larios Sánchez, Mª Consolación Martín Delgado e Pascual Sánchez Rodríguez, e co seu producto enteiro dar cumprido pagamento á parte actora das responsabilidades polas que se dispachou execución, isto é, 11.494.471 ptas. para Consmeta, S.L., 11.494.471 ptas. para Mª Consolación Martín Delgado, 9.227.587 ptas. para Pascual Sánchez Rodríguez e 2.266.884 ptas. para Castro Larios Sánchez, importe do principal que fai un total de 34.483.413 ptas., máis xuros pactados ata a data invocada, gastos e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas; debo condenar e condeno expresamente os demandados ó seu pagamento».

Así, por este auto, do que se unirá certificación literal ás actuacións, dispóñoo, mándoo e asínoo».

«Auto.

En Padrón o catro de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Dispoño:

Aclara-lo auto con data do 18 de decembro de 1998 no sentido de que onde di: «... importe do principal que fai un total de 34.483,413...», debe constar: «... importe de principal que fai un total de 11.494.471...».

Mandouno e asina Dolores Vilar Hortas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón; do que eu, secretario, dou fe».

E expídese esta edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á demandada, Consmeta, S.L., declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Padrón o doce de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado