Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (94/1997).

Eu, Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón e o seu partido fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos número 94/1997, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón o once de maio de mil novecentos noventa e oito. Evelina Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, viu os presentes autos de executivo número 94/1997, promovidos por Banco Pastor, S.A., con DNI/CIF A150000128, domiciliado na Avda. Linares Rivas, 18, A Coruña, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Ángel María García Fernández, contra Anso, S.L., con DNI/CIF 0 B15054950, domiciliado en Contimunde, Rois, Carlos Angueira González, con DNI/CIF 33.204.855, domiciliado en Contimunde, Rois e María del Carmen Souto Bustelo, con DNI/CIF 33.197.870, domiciliada en Contimunde, Rois, declarados en rebeldía, e

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Anso, S.L., Carlos Angueira González e María del Carmen Souto Bustelo, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte autora das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 4.578.240 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada, e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e das custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada».

Contra esta sentencia poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

E para a súa publicidade e para que lle sirva de notificación ó demandado, non comparecido, Anso, S.L., expido o presente edicto en Padrón o cinco de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado