Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.598

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., S. 2ª)

EDICTO (02/0004042/1999).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Antonio Castro Bugallo en nome e representación de José Luis Madrazo Viadero, Francisco Eirín González e Benito Boullosa Moure, contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17-7-1998, do Plan sectorial de infraestructura para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven.

Recurso número: 02/0004042/1999.

A publicación deste anuncio serviralles de empramento ás persoas que non foron emprazadas persoalmente e ostenten un dereito ou interese lexítimo no dito recurso; poden comparecer en legal forma no prazo de nove días e de o faceren con posterioridade teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 17 de marzo de 1999.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado