Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.597

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que terán que xulga-los concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado, do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 142/1986, do 13 de xuño (Boletín

Oficial del Estado, do 11 de xullo) e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que teñen que ser elixidos por este procedemento, para o día 29 de abril de 1999, ás dez horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades en sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os devanditos sorteos realizaranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria s/n, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 24 de abril de 1999, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitarias, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 26 de marzo de 1999.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Universidade da Coruña.

Concursos convocados por resolución da universidade do 30-10-1998 e BOE do 28 de novembro.

Concurso nº: 66.

Nº sorteo: 37583.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: mecánica de fluídos.

Presidente titular: Francisco Castro Ruiz.

Vocal secretario titular: Fernando López Peña.

Concurso: 63.

Nº sorteo: 37584.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Presidente titular: José Andrés Faiña Medin.

Vocal secretario titular: Ramón Ignacio Varela Santamaría.

Concurso: 64.

Nº sorteo: 37585.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Ramón Fuentes González.

Concurso: 68.

Nº sorteo: 37586.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Luis Ignacio Eguiluz Morán.

Vocal secretario titular: Manuel Luaces Rodríguez.

Concursos convocados por resolución da universidade do 17-11-1998 e BOE do 11 de decembro.

Concurso: 69.

Nº sorteo: 37587.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: Darío Prada Rodríguez.

Vocal secretaria titular: Soledad N. Muniategui Lorenzo.

Universidade de Santiago de Compostela.

Concursos convocados por resolución da universidade do 9-12-1998 e BOE do 2-1-1999.

Concurso: 1625.

Nº sorteo: 37644.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xornalismo.

Presidenta titular: M. del Mar Fontcuberta Balaguer.

Vocal secretario titular: José López García.

Concurso: 1626.

Nº sorteo: 37645.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito internacional público e relacións internacionais.

Presidente titular: Celestino M. del Arenal Moyva.

Vocal secretario titular: Jorge Antonio Pueyo Losa.

Concurso: 1627.

Nº sorteo: 37646.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: electromagnetismo.

Presidente titular: Eduardo Moreno Piquero.

Vocal secretario titular: José Rivas Rey.

Concurso: 1628.

Nº sorteo: 37647.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: Rafael Cela Torrijos.

Vocal secretaria titular: Herminia Bollain Rodríguez.

Universidade de Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade do 1-12-1993 e BOE do 23-12-1998.

Concurso: 66.

Nº sorteo: 37689.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: escultura.

Presidente titular: Juan Fernando Laiglesia González de Peredo.

Vocal secretaria titular: M. Yolanda Herranz Pascual.

Concurso: 67.

Nº sorteo: 37690

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: filosofía moral.

Presidenta titular: Esperanza Guisan Seijas.

Vocal secretario titular: José Luis Tasset Carmona.

Concurso: 68.

Nº sorteo: 37691.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: debuxo.

Presidenta titular: Inmaculada Jiménez Huertas.

Vocal secretaria titular: M. del Carmen Gómez Novoa.