Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.597

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1999, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 11, do 19 de xaneiro de 1998) sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 16 de abril de 1999 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria que o terceiro exercicio da fase de oposición se celebrará o día 27 de abril de 1999 ás 18 horas na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único. As portas de acceso ó lugar de realización do exame abriranse ás 17.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1999.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal