Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.596

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de abril de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, por Orde do 22 de xaneiro de 1999 (DOG nº 30, do 15 de febreiro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola

Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Número de rexistro: 3326782902 A2071.

Apelidos e nome: García Magariños, Alfonso.

Posto de traballo: letrado asesor.

Código posto: PRP020000015770104.

Centro directivo: Asesoría Xurídica Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Corpo ou escala: superior da Xunta de Galicia/escala de letrados.

Nivel: 28 A.

Número de rexistro: 3498641268 A2071.

Apelidos e nome: Rodríguez González, José.

Posto de traballo: letrado asesor.

Código posto: PRP020000015770105.

Centro directivo: Asesoría Xurídica Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Corpo ou escala: superior da Xunta de Galicia/escala de letrados.

Nivel: 28 A.

Número de rexistro: 3277665968 A2071.

Apelidos e nome: Barreiro Díaz, José María.

Posto de traballo: letrado asesor.

Código posto: PRP020000015770108.

Centro directivo: Asesoría Xurídica Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Corpo ou escala: superior da Xunta de Galicia/escala de letrados.

Nivel: 28 A.