Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.600

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (159/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 159/1998 se segue xuízo de faltas sobre desobediencia á autoridade no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1999. Vistos por Rosa del Carmen Collazo

Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 159/1998, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, sendo parte denunciante o axente da policía municipal de Ames, Maximino García Vázquez; aparecendo como parte denunciada Daniele Barroso, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Daniele Barroso, como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade do artigo 634 do Código Penal, á pena de 10 días de multa a razón de 1.000 ptas./día con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arrestos de fin de semana. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserto anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito, ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado, Daniele Barroso, en paradoiro ignorado, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o quince de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado