Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.600

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (171/1998-S).

Nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 171/1998, por unha presunta falta de estafa, recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal:

«Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 171/1998, seguidos neste xulgado sobre estafa, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Minia Castro Blanco e os denunciados Agustín Ferreiro Paz e o seu representante legal de Galaicagás, S.L. (seguen antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito).

Resolvo: que debo absolver e absolvo libremente a Agustín Ferreiro Paz e o representante legal de Galaicagás, S.L., da falta da que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da LAC. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, e para a súa publicación no DOG, e para que lles sirva de notificación en forma a Minia Castro Blanco, Agustín Ferreiro Paz e ó representante legal de Galaicagás, S.L., expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado