Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (181/1998-S).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 181/1998 por lesións en agresión e danos, dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal que segue:

«Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1999. Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncio a seguinte sentencia: vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 181/1998, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Manuel Penal Calvo e a denunciada Alicia Estévez Álvarez. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito).

Resolvo: que debo absolver e absolvo libremente a Alicia Estévez Álvarez da falta de lesións pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que a súa publicación no DOG e que lles sirva de notificación en forma a Manuel Pena Calvo

e Alicia Estévez Álvarez, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 1999.

A secretaria

Rubricado