Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de marzo de 1999 pola que se lle outorga a Jesús Louzao Míguez permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos no establecemento Restaurante Louzao, S.L. en Augadoce-Area, Viveiro (Lugo).

Visto o expediente iniciado a instancia de Jesús Louzao Míguez, no que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos na instalación Restaurante Louzao, S.L., que posúe en Augadoce-Area, Viveiro (Lugo).

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme dereito.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta favorable da Delegación

Territorial de Lugo do 10 de decembro de 1998, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Jesús Louzao Míguez (DNI 33.855.495-R) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: Centro Regulador de Crustáceos.

-Situación: Restaurante Louzao, S.L., Augadoce-Area, Viveiro (Lugo).

-Especies: crustáceos.

-Superficies: dominio público, non ocupa. Dominio privado, 20 m.

-Superficie total de estabulación: 4,18 m (5 piscinas).

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira: terá unha vixencia de dez anos que se contarán a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente a petición do interesado, presentada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda: o lugar e as obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e proxectos presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no DOG da presente orde e quedarán rematadas no prazo dun (1) ano.

Rematadas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira: o establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura (DOG nº 140, do 17 de xullo), e na Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos (DOG nº 216, do 5 de novembro); así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta: o titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións. Estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta: o permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no Art. 72, Lei 6/1993 e no Art. 6 do Decreto 193/1997.

Sexta: o outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sétima: o interesado xustificará o aboamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura