Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Fabricantes de Maquinaria para a Pedra (Agafamape).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Fabricantes de Maquinaria para a Pedra (Agafamape) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas legalmente constituídas que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma galega, e se dediquen á fabricación de maquinaria para a pedra natural.

Asinan a acta de constitución: José Antonio Fernández Dafonte, representante da entidade Digafer, e cinco persoas máis representantes doutras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais