Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Horticultores San Isidro-Meis.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Horticultores San Isidro-Meis, que abrangue os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: asociación de horticultores.

Asinan a acta de constitución: Alsira Abal Salgueiro e outros.

Os estatutos despositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 23 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra