De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Montes Baixos-A Estrada, que abrangue os seguintes ámbitos:
Territorial: comarcal.
Profesional: asociación explotación vacún de leite.
Asinan a acta de constitución: Rosa Mª Basteiro Cabada e outros.
Os estatutos despositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 23 de marzo de 1999.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra