Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 11 de marzo de 1999 pola que lle outorga a Antonio García Aguiar permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos, no establecemento Bar Cancela en Fazouro-Foz (Lugo).

Visto o expediente iniciado por instancia de Antonio García Aguiar, no que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos na instalación Bar Cancela, que posúe en Fazouro-Foz (Lugo),

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme dereito,

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta favorable da Delegación Territorial de Lugo do 18 de outubro de 1998, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Antonio García Aguiar (DNI 33.801.906 W) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: Centro Regulador de Crustáceos.

-Situación: Bar Cancela, Fazouro-Foz (Lugo).

-Especies: lubrigante (Homarus gammarus), langosta común (Palinurus vulgaris), nécora (Macropipus puber), centollo (Maja squinado), Boi (Cancer pagurus)

-Superficies: dominio público, non ocupa. Dominio privado, 6,16 m. Superficie de estabulación: 1ª piscina de 1,80 m, 2ª piscina de 2,20 m, que fan un total de 4,00 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira: terá unha vixencia de dez anos que se contarán a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente a petición do interesado, presentada nos sesenta días (60) anteriores ó de remate da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda: o lugar e as obras da instalación do establecemento, axustaranse ós planos e proxectos presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no DOG da presente orde e quedarán rematadas no prazo dun (1) ano.

Rematadas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira: o establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia,

no Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura (DOG nº 140, do 17 de xuño), e na Orde do 16 de outubro de 1996 sobre centros reguladores de crustáceos (DOG nº 216, do 5 de novembro), así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta: o titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións. Estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta: o permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72, Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta: o outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permiso e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sétima: o interesado xustificará o aboamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura