Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e por concurso e trámite de urxencia, da contratación das obras do proxecto básico e de execución de reposición de cubertas, impermeabilizacións, restauración de fábricas e vidreiras na catedral de Lugo.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, do seguinte contrato de obras:

Proxecto básico e de execución de reposición de cubertas, impermeabilizacións, restauración de fábricas e vidreiras na catedral de Lugo.

-Orzamento de licitación: oitenta millóns de pesetas (80.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: dez (10) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo k, subgrupo 7, categoría d.

Exposición da documentación: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo