Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 19 de abril de 1999 Páx. 4.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, mediante concurso, dos servicios precisos para posibilita-la impartición de cursos en materia turística.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis

trativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, mediante concurso, dos servicios precisos para posibilita-la impartición de cursos en materia turística.

-Orzamento de licitación: 8.500.000 ptas. (oito millóns cincocentas mil pesetas) no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

-Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 30 de xuño de 1999.

-Garantía provisoria: non é esixible.

-Clasificación: non se require.

-Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo, no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, así como nas súas delegacións provinciais.

-Prazo de presentación de proposicións: ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

-Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo