Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 2 de marzo de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou foron alegadas distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixi

ranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

José Luis Castro Paz32.408.361Asistencia sanitaria7-9-1997/7-9-1997 23.805
Fernando Vázquez Rodríguez32.246.222Asistencia sanitaria8-1-1997/8-1-1997 23.805
Damián Pino Rubio11.953.190Asistencia sanitaria27-11-1997/27-11-1997 23.805
Mercedes Garrote Antunez32.619.442Asistencia sanitaria3-1-1998/3-1-1998 23.805
Rosa Ares Mayra32.771.001Asistencia sanitaria24-2-1998/24-2-1998 23.805
Eugenia Villarino Rodríguez34.721.200Asistencia sanitaria3-5-1999/3-5-1998 24.329
Lourdes Monasterio Carasa2.607.479Asistencia sanitaria2-9-1997/2-9-1997 23.805
Magdalena Mañón Beliard1.414.580Asistencia sanitaria22-11-1997/22-11-1997 23.805