Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concerto de asistencia sociosanitaria que se cita.

O director xeral da División de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 15.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 33), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos, mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de servicios de asistencia sociosanitaria a beneficiarios da Seguridade Social da área norte da provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Sanatorio Marescot, S.L.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos