Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación das asistencias consistentes no control de calidade de varias obras.

1. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 72 vivendas, garaxes e rochos nas Pontes. A Coruña. Expediente: C-98/503.

Orzamento: sete millóns trescentas vintecatro mil catrocentas cincuenta e catro (7.324.454) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Garantía definitiva: duascentas noventa e dúas mil novecentas setenta e nove (292.979) pesetas.

2. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 23 vivendas, garaxes e rochos en Sarria. Lugo. Expediente: LU-98/502.

Orzamento: dous millóns cento noventa e cinco mil cincuenta e tres (2.195.053) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Garantía definitiva: oitenta e sete mil oitocentas tres (87.803) pesetas.

3. Obxecto: control de calidade da obra de adquisición de 64 vivendas, garaxes e rochos no Carballiño. Ourense. Expediente: OU-98/501.

Orzamento: seis millóns trescentas seis mil cento nove (6.306.109) pesetas., IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) anos.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

Garantía definitiva: duascentas cincuenta e dúas mil duascentas corenta e cinco (252.245) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nestas contratacións estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ós modelos que se inclúen nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas par

ticulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será aboado proporcionalmente polo adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1998.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo