Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999 sobre aprobación definitiva da relación de bens e dereitos e necesidade de ocupación para a execución do Plan parcial do SUNP-9 (Belvís) en Santiago de Compostela.

I. O Pleno da Corporación municipal de Santiago de Compostela, en sesión celebrada o día 3 de xullo de 1998, adoptou o acordo de aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do sector de solo urbanizable non programado nº 9 (SUNP-9) en Belvís (BOP do 18 de novembro e DOG do 27-11-1998).

II. O dito plan parcial contén a delimitación dun único polígono que comprende a totalidade do seu ámbito, determinándose como sistema de actuación o de expropiación, que realizará o Instituto Galego da Vivenda e Solo de conformidade cos acordos subscritos co concello e o establecido no dito plan parcial, que a súa aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes para os fins de expropiación de conformidade co establecido no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e no artigo 54 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

III. De conformidade co artigo 199 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, por resolución desta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 19 de xuño de 1997 formulouse e aprobouse inicialmente a relación de propietarios, bens e dereitos afectados incluídos no devandito polígono, que foi sometida a información pública e notificada ós interesados, sen que no dito trámite se presentará ningunha alegación.

IV. En virtude dos ditos artigos e de conformidade así mesmo co establecido nos artigos 15 e seguintes da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 15 e seguintes do seu regulamento, artigo 144 e 148 da Lei 1/1997, do solo de Galicia e artigo 201 do Regulamento de xestión urbanística, e nos artigos 41º.f) e 2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a relación de propietarios, bens e dereitos afectados incluídos no polígono único delimitado no Plan parcial do sector de solo urbanizable non programado nº 9 (SUNP-9) en Belvís, que foi aprobado definitivamente por acordo do Pleno do Concello de Santiago de Compostela en sesión do 3 de xullo de 1998, e declara-la necesidade de ocupación dos mesmos para a súa execución por expropiación.

Segundo.-Segui-la expropiación polo procedemento de taxación conxunta, para o que se formará o oportuno expediente, sen prexuízo de formula-las

ofertas de adquisición de mutuo acordo, e acordar se é o caso os termos nos que poderá quedar excluída da expropiación a edificación existente con fronte ás rúas de Sar e Olvido.

Terceiro.-Publica-la presente resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia, xunto coa relación definitiva de propietarios, bens e dereitos afectados, e notificárllela personalmente ós interesados que constan no expediente e con expresión dos recursos que procedan.

Relación de propietarios, bens e dereitos

do SUNP-9 (Belvís)

Predio

Propietario

Enderezo

Superf.

m

Edific.

nave/Vvda.

Outros

bens

1Arcebispado de Santiago

Praza da Inmaculada nº 1, Santiago de Compostela

11.059*

2Alfonso Magán Conde

Xeneral Pardiñas nº 7, Santiago de Compostela

821*

3Arcebispado de Santiago

Praza da Inmaculada nº 1, Santiago de Compostela

15.656*

4Hros. de José Barros Escariz

Rúa de Sar nº 1, Santiago de Compostela

8.224**

* Os especificados para cada un dos predios nas correspondentes fichas do expediente.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a publicación nos xornais oficiais e exposición do taboleiro de edictos do concello desta resolución servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación ou respecto dos que, intentada a notificación non se puidera practicar.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a súa notificación ou derradeira publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, podendo presenta-lo dito recurso ben perante o dito órgano ou perante a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Transcorridos 3 meses desde a interposición do dito recurso sen que recaia resolución, poderá entenderse desestimado para os efectos da interposición do recurso contencioso-administrativo; todo iso de conformidade co establecido no artigo 16 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e nos artigos 107 e 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo