Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 5 de marzo de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou foron alegadas distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixi

ranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 5 de marzo de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Clínica El ParqueB-15.537.145Asistencia sanitaria1-6-1998/5-7-1998 10.143
Panel Galicia, S.L.B-15.335.374Asistencia sanitaria20-5-1998/20-6-1998529.500
Gloria García Fernández33.835.085Asistencia sanitaria13-10-1998/5-11-1998177.207
Elida Decerchio60.406.671Asistencia sanitaria2-12-1998/5-1-1999 24.329
Marcos García del Río78.791.644Asistencia sanitaria5-1-1999/5-2-1999 24.329
Ana Almagro García50.656.700Asistencia sanitaria1-2-1999/5-3-1999 24.329