Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO.

Anuncio de licitación: de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase licitación e contratación polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia da obra incluída no plan Proder Euroeume.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello da Capela.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

Obxecto do contrato: é a execución da obra de rehabilitación da escola de nenas do Barreiro para albergue de turismo.

Duración do contrato: seis meses.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento de licitación: vintecinco millóns setecentas setenta e cinco mil duascentas noventa (25.775.290) pesetas, IVE engadido.

Garantías:

Provisional: 2% do importe de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación do contratista:

Grupo C: subgrupos 1, 2, 4, 6, 7, 8 e 9.

Grupo I: subgrupo 9.

Grupo J: subgrupos 2 e 4.

Grupo K: subgrupo 4.

(Categoría c).

Presentación de ofertas: data límite de presentación: dentro dos 13 días naturais seguintes á derradeira inserción deste anuncio no DOG ou BOP.

Documentación que se presentará: a prevista nos pregos-tipo de cláusulas administrativas particulares pola deputación provincial con data do vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis, así como

modificación puntual delas con data do vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e seis, (publicadas no BOP nº 123, do 30 de maio, e nº 282, do 9 de decembro).

Gastos dos anuncios: tódolos gastos orixinados pola publicación dos anuncios de licitación e contratación serán por conta do contratista adxudicatario.

A Capela, 29 de marzo de 1999.

Ángel López Sueiro

Alcalde-presidente