Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Aprobado polo órgano municipal competente o prego de condicións económico-administrativas, que polo sistema de concurso aberto rexerá na adxudicación da explotación do servicio de bar cafetería do Centro Social, Xuvenil e Cultural do Concello da Guarda, exponse o público a citada documentación durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, aínda que a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Guarda.

b) Dependencia: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a explotación do servicio de bar cafetería do Centro Social, Xuvenil e Cultural do Concello da Guarda.

b) Duración: o contrato terá unha duración dun ano, prorrogable ata un máximo de 10 anos, contados desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon: o canon mensual mínimo que satisfará o adxudicatario é de 60.000 pesetas.

5. Garantías: definitiva: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Guarda.

b) Domicilio: praza de España.

c) Localidade: A Guarda.

d) Teléfono: 986 61 00 00.

e) Fax. 986 61 02 83.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas: en man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Apertura de proposicións: realizará a mesa de contratación na forma indicada no prego; se o día coincidise en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Guarda, 10 de marzo de 1999.

O alcalde en funcións

Rubricado