Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 131/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio Social: Avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. y R.B.T. Seixidal- Dorna. (Ortigueira).

Liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,315 km, con orixe no apoio anterior ó C.T., Fieira e final no C.T., proxectado Seixidal- Dorna, cunha potencia de 50 KVA, 20.000/380-220 V, tipo intemperie. Liña de baixa tensión de 1,655 km de lonxitude, con orixe no C.T., Rodela, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 0,180 km. de lonxitude, con orixe no C.T. Seixidial- Dorna, conductor tipo R.Z., e apoios de formigón. No termo municipal de Ortigueira.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicouse no DOG do 17-7-1998 e no BOP do 9-6-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 8-5-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Ortigueira; ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997) e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24-10-1996).

Así mesmo e á vista da documentación que consta no expediente, despréndese que as alegacións efectuadas polos interesados respecto dos predios en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darensen as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os Decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública deles que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 5 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña