Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/209-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Cristovo, Rabal, Fonteita.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) De 132 metros, con orixe no apoio nº 26 da L.M.T. San Cristovo-Garduñeira e remate no C.T. intemperie proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Fonteita. (2ª) De 29 metros, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. a C.T. Outeiro e remate no C.T. intemperie proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Rabal. 3 R.B.T. aéreas de 555, 345 e 105 metros respectivamente en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 4 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense