Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/208-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: C.T., R.B.T., Abelenda-Fornelos-Casares-Beiro.

Situación: Carballeda de Avia.

Descricións técnicas: C.T. intemperie de Fornelos (Carballeda de Avia) con 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 4 R.B.T. aéreas en conductor R.Z. con orixe no C.T. de Abelenda, C.T. de Fornelos, C.T. de Beiro de Arriba e C.T. de Beiro de Abaixo de 1.095, 2.025, 640 e 1.450 metros respectivamente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 4 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense