Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.A., C.T.A., R.B.T.A., As Raposeiras, Filgueira e Mesón.
Situación: Ordes.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 23 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Vilasenín a Maitufe e remate no C.T. das Raposeiras de 50 kVA e ensamblaxe coa R.B.T. Concello de Ordes.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 3 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña