Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/41-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Pza. Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.A., L.M.T.S., C.T., r/ Poeta Añón, R.B.T. Outes.

Situación: Outes.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 36 m de lonxitude, con orixe na liña Outes-Pino do Val, seguida de tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al de 610 m de lonxitude con final no C.T. Poeta Añón, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión de subterránea, con conductor R.V. de 185 m seguido de tramo aéreo sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 45 m. Serra de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña