Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Denominación: R.B.T. de Cimadevila.
Situación: Narón.
Descricións técnicas: reforma rede de baixa tensión do C.T. Corbal de 1.835 m de lonxitude en conductor R.Z. Reforma das R.B.T. do C.T. Vilarcornelle de 1.585 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Narón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 3 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
2519