Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/19-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Fonteseca-Beria-Orxeiras-Vilar de Boi.

Situación: Laracha.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 3.076 m de lonxitude, con orixe en inmediacións C.T.A. Fonteseca e final en apoio nº 26 da liña que constitúe Fonteseca-Xesta. De 233 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 18 da liña Fonteseca-Xesta e final en C.T. Orxeiras, que se vai instalar. De 256 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 26 da liña Fonteseca-Xesta e final en C.T. Vilar de Boi, existente. Centro de transformación, sobre apoio formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Orxeiras-Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña