Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de marzo de 1999 pola que se aproban determinados modelos ós que se refire o Regulamento de desenvolvemento lexislativo do capítulo IV da Lei 8/1993, reguladora da Administración hidráulica, relativo ó canon de saneamento.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 52, do martes, 16 de marzo de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.997, no anexo I, en NOTAS, onde di: «(5) Enténdese como domicilio para os efectos de notificación se non se indica o contrario», debe dicir: «(4) Enténdese como domicilio para os efectos de notificación se non se indica o contrario».

-Na páxina 2.998, no anexo II:

Onde di: «Autoliquidación de regulación», debe dicir: «Autoliquidación de regularización».

Onde di: «Total; (A, +a, +R,)», debe dicir: «Total; (A +a +R)».

Onde di: «Cantidades perdidas», debe dicir: «Cantidades percibidas».

-Na páxina 2.999, no anexo III:

Onde di: «Número de abonados industriais dos que se percibiron cantidades», debe dicir: «Número de abonados industriais ós que se facturaron cantidades».

Onde di: «Número de abonados domésticos dos que se facturaron cantidades», debe dicir: «Número de abonados domésticos ós que se facturaron cantidades».

Onde di: «Resumo de Facturación», debe dicir:«Declaración de Facturación».

Onde di: «Uso industrial por cada contaminante», debe dicir: «Uso industrial por carga contaminante».

-Na páxina 3.001, no anexo V, onde di: «Total en m facturados», debe dicir: «Total de m facturados».

-Na páxina 3.002, no anexo VI, onde di: «Exercicio do ano», debe dicir: «Exercicio do ano».