Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncian as vacantes para cubrir no concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres, convocado pola Orde do 30 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 12 de novembro).

Para darlle cumprimento ó establecido na trixésimo quinta das normas comúns das convocatorias previstas

na Orde do 30 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 12 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Anuncia-las vacantes recollidas na planificación escolar que serán cubertas no concurso de traslados que se cita e que figuran no anexo desta resolución.

Contra esta resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal