Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Goia-Peñote para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 036-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Goia-Peñote coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., Avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concello de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.604.000, 4.811.500); V (0.606.000; 4.811.000)

V (0.605.000, 4.810.500); V (0.605.000; 4.810.000)

V (0.605.500, 4.810.500); V (0.606.500; 4.810.000)

V (0.606.500, 4.811.000); V (0.607.491,79; 4.811.000)

V (0.608.350, 4.808.500); V (0.612.000; 4.807.244,09)

V (0.612.000, 4.807.000); V (0.608.500; 4.807.500)

V (0.608.000, 4.807.000); V (0.607.000; 4.808.000)

V (0.606.000, 4.807.500); V (0.605.000; 4.809.000)

V (0.605.000, 4.809.500); V (0.604.000; 4.809.500)

V (0.602.500, 4.810.000)

Superficie afectada. 1.463,52 ha.

Potencia bruta: 25 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo