Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación cencesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3061; XG-346, entre Lugo e San Martín de Corbelle, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos) mediante a incorporación do tramo Igrexa de Carballido- Vilalba, como anexo da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3061; XG-346, entre Lugo e san Martín de Corbelle, con anexos, da titularidade da empresa Vigo Álvarez, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo. (Edf. administrativos-Ronda da Muralla, 70) efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes