Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de marzo de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (José Fernández Iglesias).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas

veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de naturaleza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 Ent. Ourense, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de marzo de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: José Fernández Iglesias.

DNI: 34.481.938-Q.

Estr. baixada Miño 9-3º A Ourense.

Procedemento: acordos devolución ingresos indebidos.

Expediente: 1260/97.

Nº Autoliq.: 600602535176.