Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de marzo de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan comprobacións de valores e liquidacións pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (María Elena Fernández Carballal).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobación de valores e liquidacións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse ós interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola oficina liquidadora do distrito hipotecario do Carballiño en Ourense en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria sobre comprobación dos valores e liquidacións.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da oficina liquidadora sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Cuba 5-1º A O Carballiño-Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de marzo de 1999.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Mª Elena Fernández Carballal.

DNI: 34969339 R.

Rúa Brasil nº 24-3º D.

32500-O Carballiño-Ourense.

Procedemento: comprobación valores e liquidacións.

Expediente: 821/96.

Liquidación: 123/98.