Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (José e Jorge Falcón Seco e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo no edificio da Consellería de Economía e Facenda de San Caetano, soto, en Santiago de Compostela, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1999.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Interesado: Falcón Seco, José e Falcón Seco, Jorge.

DNI: 33.698.956-T e 33.782.129-M.

Enderezo: r/ Avda. de Carrero Blanco 123, 3ºB4, Lugo.

Procedemento: resolución recurso de reposición.

Expediente: 1758/1991.

Recurso: 3/1998.

Interesado: Luis Arias Froilan (Arias Transportes de Galicia, S.A.).

NIF: B-27.171.701.

Enderezo: Polígono do Ceao-Rúa do transporte nº 5, Lugo.

Procedemento: resolución recurso de reposición.

Expediente: 2592/1995 e 1198/1996.

Recurso: 8/1998.