Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se convoca a contratación e a adxudicación, en réxime de concesión, do servicio da cafetería no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, mediante poxa e procedemento aberto.

1. Obxecto: contratación e adxudicación, en réxime de concesión, da xestión e explotación do servicio de cafetería no edificio administrativo da Xunta de Galicia, situado na Ronda da Muralla, 70 da cidade de Lugo, mediante poxa e procedemento aberto.

2. Orzamento de licitación: o canon anual, que no poderá ser inferior a 300.000 pesetas anuais (1.803,0363 euros).

3. Duración do contrato: dous (2) anos.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Fianza provisional: 600.000 pesetas, equivalentes a 3.603,0726 euros.

6. Fianza definitiva: 1.200.000 pesetas (7.212,1452 euros).

7. Garantía complementaria: 1.200.000 pesetas (7.212,1452 euros).

8. Modelos de proposicións: os que figuran como anexos I e II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 24 de abril de 1999.

10. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 28 de abril de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública