Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do estudio A Eurorrexión Galicia-Norte Portugal, perspectivas de desenvolvemento ante o euro.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público para a contratación da seguinte asistencia técnica:

1. Obxecto do contrato:

a) Asistencia técnica para a realización dos traballos necesarios para a elaboración do estudio A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, perspectivas de desenvolvemento ante o euro.

b) Prazo de execución: 7 meses desde o día seguinte ó da data de formalización do contrato.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento máximo de licitación : 17.000.000 de ptas. (dezasete millóns de pesetas), IVE incluído.

4. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior

b) Domicilio: Rúa dos Feáns, 5 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 10 14.

e) Fax: 981 54 10 11.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en domingo ou festivo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula VIII do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobres pechados, dentro do prazo sinalado, presentaranse na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Se as proposicións se cursan por correo, anticiparase vía fax a remisión da oferta achegando xustificante da imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, nunha das salas de xuntas sitas na planta baixa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos de anuncio: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública