Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (13/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número cuatro de Santiago de Compostela, fago saber que no xuízo verbal seguido neste xulgado co número 13/1994 por instancia de Walter Hugo Suárez Urbano contra Juan A. Carril Ares, Abeille Previsora, S.A e José Luis Jiménez Hernández, cítase a Juan A. Carril Ares, Abeille Previsora, S.A, e José Luis Jiménez Hernández para que o día vinte de abril ás 10 horas comparezan na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistiren á celebración do xuízo verbal, baixo apercibimentos de que de o non faceren se seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para que lle sirva de citación ó demandado José Luis Jiménez Hernández, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado