Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.548

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación (189/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 189/1998-10 por instancia de Ana María dos Santos Campante contra José Antonio Aldrey Pereira, nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Ana María dos Santos Campante co fin de que o día quince de abril ás once cincuenta horas compareza ante este xulgado para asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas como denunciante, apercibíndoa de que de o non verificar recaerá sobre ela o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistida das probas de que tente valerse.

E para que conste e sirva de citación a Ana María dos Santos Campante expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado