Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/49-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: variantes L.M.T.S. r/ Ramón de la Sagra.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: aliñación L.M.T. subterránea e C.T. por aparcamento r/ Ramón de la Sagra, L.M.T.S. de 15/20 kV de 184 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, que proceden da L.M.T.S. do CC.LL. San Cristovo e final na L.M.T.S. a C.T. Damas, a C.T. Mantelería e Linares Rivas. Reforma do C.T. Primo de Rivera e ampliación potencia a 630 kVA. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña