Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 24 de marzo de 1999 Páx. 3.326

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 373/1999, do 5 de marzo, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia e servicios sociais encomendados ó Instituto Social da Mariña (ISM).

A Constitución, no artigo 149.1.17ª, atribúelle ó Estado a competencia exclusiva en materia de lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da execución dos seus servicios polas comundidades autónomas.

Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 33.2º que, en materia de Seguridade Social, correspóndelle á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado, agás as normas que configuran o seu réxime económico. Correspóndelle tamén á Comunidade Autónoma a xestión do réxime económico da Seguridade Social en Galicia, sen prexuízo da caixa única.

O Real decreto 1414/1981, do 3 de xullo, polo que se reestructura o Instituto Social da Mariña, regula a estructura e funcións do Instituto Social

da Mariña, adscrito ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e dotado de personalidade xurídica.

O Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, establece que o instituto continuará levando a cabo as funcións e servicios que ten encomendados en relación coa xestión do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, sen prexuízo dos demais que lle atribúen as súas leis reguladoras e outras disposicións vixentes na materia.

Pola súa parte, o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regula a forma e condicións a que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 16 de febreiro de 1999, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na citada disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día cinco de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo Pleno con data do 16 de febreiro de 1999, polo que se concretan as funcións e servicios da Seguridade Social que deben ser obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de asistencia e servicios sociais encomendados ó Instituto Social da Mariña, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios, así como os bens, dereitos e obrigas e medios persoais que figuran nas relacións adxuntas ó propio acordo da comisión mixta, nos termos e condicións que alí se espececifican, así como os créditos orzamentarios determinados segundo o procedemento establecido no propio acordo.

Artigo 3

Os traspasos a que se refire este real decreto terán efectividade a partir do día sinalado no acordo da mencionada comisión mixta, sen prexuízo de que o Instituto Social da Mariña ou demais órganos competentes produzan, ata a entrada en vigor deste real

decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto publicarase simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia o día seguinte ó da súa publicación.

Dado en Madrid o cinco de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Ángel Acebes Paniagua

Ministro de Administracións Públicas

Juan Carlos R.

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secreatrios da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que no Pleno da Comisión Mixta, que tivo lugar o día 16 de febreiro de 1999, se adoptou un acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Seguridade Social, en materia de asistencia e servicios sociais, encomendados ó Instituto Social da Mariña (ISM), nos termos que a seguir se expresan:

A) Normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

A Constitución, no artigo 149.1.17ª, atribúelle ó Estado a competencia exclusiva en materia de lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da execución dos seus servicios polas comunidades autónomas.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 33.2º que, en materia de Seguridade Social, correspóndelle á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado, agás as normas que configuran o seu réxime económico. Correspóndelle tamén á Comunidade Autónoma a xestión do réxime económico da Seguridade Social en Galicia, sen prexuízo da caixa única.

O Real decreto 1414/1981, do 3 de xullo, polo que se reestructura o Instituto Social da Mariña, regula a estructura e funcións do Instituto Social da Mariña, adscrito ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e dotado de personalidade xurídica.

O Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, establece que o Instituto Social da Mariña continuará levando a cabo as funcións e servicios que ten encomendados en relación coa xestión do réxime especial da Seguridade Social dos

traballadores do mar, sen prexuízo dos demais que lle atribúen as súas leis reguladoras e outras disposicións vixentes na materia.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan a forma e condicións a que se deben axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre a base das anteriores previsións, procede que a Comunidade Autónoma de Galicia faga efectivas as súas competencias en materia de asistencia e servicios sociais da Seguridade Social, encomendada ó Instituto Social da Mariña, polo que se procede a realizar traspasos de funcións e servicios de tal índole a aquela.

B) Funcións que asume a Comunidade Autónoma e identificación dos servicios que se traspasan.

1. Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do seu ámbito territorial, e nos termos do presente acordo e dos reais decretos e demais normas que o fagan efectivo, as funcións e servicios que viña realizando o Instituto Social da Mariña en materia de asistencia e servicios sociais, recollidas no artigo segundo do Real decreto 1414/1981, do 3 de xullo, que ten como finalidade promove-lo benestar dos traballadores do mar e das súas familias a través dos adecuados servicios ou accións, así como a asistencia ós mariños e pescadores da terceira idade e ós seus familiares.

Así mesmo, asume as funcións e servicios correspondentes á Administración do Estado e os servicios da Seguridade Social asociados ó Instituto Social da Mariña; os atribuídos ós servicios centrais desta entidade e en particular as funcións e servicios correspondentes ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, en canto se refiran á dirección, organización, vixilancia, tutela e inspección das funcións a que se refire o parágrafo anterior.

Corresponderalle tamén á Comunidade Autónoma de Galicia a contratación, xestión, actualización e resolución dos acordos con entidades e institucións que presten servicios na Comunidade Autónoma.

A partir da efectividade do traspaso destas funcións, a Comunidade Autónoma de Galicia subrogarase nos acordos en vigor entre o Instituto Social da Mariña e outros organismos e entidades, ata a súa extinción.

As funcións e servicios da Seguridade Social que se traspasan por este acordo suxeitaranse á lexislación básica do Estado no relativo á determinación dos beneficiarios, requisitos e intensidade da acción protectora e réximes económico-financeiro e económico-administrativo.

A Comunidade Autónoma de Galicia, respecto do colectivo marítimo-pesqueiro, suxeitarase no exercicio das funcións transferidas ás obrigas internacionais asumidas polo Estado español.

2. Para a efectividade das funcións relacionadas traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia, receptora delas, os servicios e institucións do seu ámbito territorial que se detallan nas relacións adxuntas ó acordo.

C) Funcións que reserva para si a Administración do Estado.

A Administración do Estado seguirá exercendo as seguintes funcións:

a) As relacións internacionais vinculadas a estas materias.

b) A asistencia social dos traballadores do mar, a bordo e no estranxeiro.

c) As accións precisas para a repatriación de tripulacións en situacións de abandono, apresamento, naufraxio e outras análogas.

D) Funcións nas que deben concorre-la Administración do Estado e a da Comunidade Autónoma.

Desenvolveranse coordinadamente entre o Instituto Social da Mariña e a Comunidade Autónoma de Galicia as seguintes funcións:

a) O intercambio de información e asistencia, así como o asesoramento e cooperación con carácter permanente en materia de asistencia e servicios sociais dos traballadores do mar, de acordo cos termos que se especifiquen mediante convenio entre ámbalas administracións.

b) A elaboración de estudios e proxectos conxuntos, así como a realización de propostas tendentes ó perfeccionamento da acción social dos traballadores do mar e a colaboración en accións programadas de interese xeral.

c) O desenvolvemento dos programas de informática de proxección estatal e o acceso á información derivada deles.

d) O intercambio de información sobre os conflictos laborais que poidan producirse nos centros e servicios sociais da Seguridade Social.

e) Calquera outra que poida contribuír á mellor relación e coordinación entre a Administración do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia.

E) Réxime financeiro e orzamentario.

a) O financiamento do custo correspondente ó traspaso asignarase e efectuarase polo custo real do servicio determinado sobre o orzamento de 1998 para o Instituto Social da Mariña, correspondentes ás funcións e servicios prestados pola Administración do Estado en relación cos servicios obxecto de traspaso, e que se recollen no anexo número 3. Estes créditos serán obxecto de actualización en función dos outorgados ó Instituto Social da Mariña para a asistencia e servicios sociais non transferidos. Estes créditos serán obxecto de adecuación no momento da liquidación do exercicio orzamentario correspondente.

b) Os créditos que correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia polos servicios traspasados poranse ó seu dispor mediante transferencias mensuais dentro dos quince primeiros días de cada mes.

Estes créditos consignaranse no capítulo IV, artigo correspondente a transferencias a comunidades autónomas, dos orzamentos do Instituto Social da Mariña.

c) Así mesmo, a totalidade das cargas económicas ou débedas que se deriven de obrigas o devengo ou xeración das cales fose anterior á data de efectividade do presente acordo e que non fosen incluídas na liquidación do orzamento do exercicio correspondente ós servicios do Instituto Social da Mariña que se transfiren, serán por conta deste.

d) A Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais intercambiarán a información que para efectos estatísticos se estableza.

Así mesmo, a Comunidade Autónoma de Galicia facilitaralle ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a documentación contable relativa ós servicios transferidos nos mesmos procedementos e prazos que os aplicados actualmente en relación cos servicios transferidos en materia de Seguridade Social (Imserso, ISM e, se é o caso, Insalud).

F) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan.

1. Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigas do Instituto Social da Mariña que corresponden ós servicios traspasados.

2. No prazo de tres meses desde a efectividade deste acordo, o Goberno asinará as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipo e material inventariable.

3. Adscríbense á Comunidade Autónoma de Galicia os bens patrimoniais afectados ó Instituto Social da Mariña que se recollen no inventario detallado da relación adxunta número 1.

Esta adscrición enténdese sen prexuízo da unidade do patrimonio da Seguridade Social, distinto do do Estado e afecto ó cumprimento dos seus fins específicos; a súa titularidade corresponde á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

As obras de nova edificación, así como as de ampliación que supoñan modificación da estructura externa sobre inmobles ou terreos transferidos, realizadas pola Comunidade Autónoma, integraranse definitivamente no seu patrimonio, arbitrándose de mutuo acordo as medidas oportunas para que, conforme a lexislación civil e hipotecaria vixente, se faga efectiva a anterior finalidade. Para tal efecto, poderá instrumentarse a sinatura de convenios entre ámbalas administracións, que así mesmo poderán estenderse á regulación dos procedementos para o alleamento e gravame de bens inmobles de titularidade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que en todo caso requirirán do mutuo acordo de ámbalas administracións, así como ás novas adscricións e permutas entre os servicios transferidos e aqueles que aínda non fosen obxecto de traspaso e, en xeral, a todo canto conveña ó mutuo interese.

Mentres non se formalice o citado convenio, as novas adscricións de inmobles, autorizadas polo Consello de Ministros, non precisarán de formalización mediante acordo específico do Plano da Comisión Mixta. Será suficiente, para a súa efectividade, a sinatura polos representantes autorizados da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da Comunidade Autónoma, da correspondente acta de posta a disposición, da que se remitirá un exemplar, para a súa constancia, custodia e arquivos, á Secretaría da Comisión Mixta.

G) Persoal e vacantes adscritos ós servicios e institutos que se traspasan.

1. O persoal e postos de traballo vacantes adscritos ós servicios e institucións traspasados, e que se citan nominalmente na relación adxunta número 2, pasarán a depender da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos legalmente previstos polo Estatuto de autonomía, e as demais normas que en cada caso resulten aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican na relación adxunta.

2. O Instituto Social da Mariña ou os demais órganos competentes en materia de persoal notificaralles ós interesados o traspaso. Así mesmo, remitiráselles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma unha copia certificada de tódolos expedientes do persoal traspasado, así como certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas durante 1999.

En canto ó persoal que se traspasa, e que se encontre inmerso nalgún proceso de consolidación, fun

cionarización ou promoción iniciado, a súa incorporación á Comunidade Autónoma de Galicia realizarase nos termos que resulten da súa execución, de acordo coas especificacións establecidas no acordo complementario ó presente traspaso.

H) Valoración das cargas financeiras dos servicios traspasados.

A valoración efectuada pola Comisión Mixta de Transferencias dos créditos orzamentarios do exercicio 1998, que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia e que son os que se especifican na relación adxunta número 3, ascende a un total de 327.367.000 pesetas, importe que se actualizará para 1999 e seguintes, de conformidade co establecido na letra E) a) deste acordo.

I) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados, cos correspondentes inventarios, realizaranse no prazo de tres meses desde a data de efectividade deste acordo.

J) Data de efectividade do traspaso.

Os traspasos de funcións e servicios obxecto deste acordo terán efectividade a partir do día 1 de xullo de 1999.

E para que conste, expídese a presente certificación en Madrid, o 16 de febreiro de 1999. Os secretarios da Comisión Mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

RELACIÓN Nº 1

Relación de bens inmobles adscritos ó I.S.M. obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia polos servicios sociais

Comunidade autónoma: Galicia.

Dirección Provincial: A Coruña.

Nº Ident.Nome e usoLocalidade e enderezoLocalización por plantas e

superficie

TitularTítulo xurídicoObservacións

150101Casa do MarA Coruña

Avda. Ramón y Cajal s/n

Baixa 6ª e 7ª1.750,00Seguridade SocialAdscrición

28-1-1971

Ministerio de Economía e Facenda
158502Casa do MarAres

Avda. Saavedra Meneses

2ª259,00Seguridade SocialDereito de voo e Divis. horizontal

24-11-1976

Confraría de Pescadores
158110Casa do MarO Barqueiro

Cruz, s/n

Baixa, 1ª e 2ª115,92Seguridade SocialCompra-venda

23-4-1993

Particular
154106Casa do MarCamelle

Campo de Area, s/n

1ª190,00Seguridade SocialCesión gratuíta

18-1-1978

Particular
153009Casa do MarCorme

Remedios, s/n

2ª160,00Seguridade SocialCesión gratuíta

19-12-1979

Concello de Ponteceso

19-12-09

158025Casa do MarFerrol

Porto, s/n

Baixa e 1ª952,81Seguridade SocialConcesión Admtiv.

24-2-1995

Autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao
155212Casa do MarFisterra

Cala Figueira, s/n

1ª200,00Seguridade SocialCesión gratuíta

4-3-1981

Concello de Fisterra
153113Casa do MarLaxe

Juan Soto Acosta, s/n

Baixa e 1ª330,68Seguridade SocialCesión gratuíta

7-7-1975

Cofraría de pescadores
156114Casa do MarLira Carnota

Concello de Carnota

Semisoto, baixa,

1ª e 2ª560,00

Seguridade SocialCompra-venda

18-5-1979

Arcebispado Santiago de Compostela
152215Casa do MarMera

Porto

1ª505,00Seguridade SocialCesión gratuíta

11-3-1985

Confraría de pescadores
154216Casa do MarMuxía

Virxe da Barca, s/n

2ª170,00Seguridade SocialCesión gratuíta

22-3-1975

Concello de Muxía
158823Casa do MarPontedeume

Avda. Saavedra Meneses, s/n

Baixa50,58Confraría de Pescadores de PontedeumeDereito uso e habitación

17-11-1975

Nº Ident.Nome e usoLocalidade e enderezoLocalización por plantas e

superficie

TitularTítulo xurídicoObservacións

157220Casa do MarPorto do Son

Atalaia, s/n

Soto, baixa e 1ª419,75Seguridade SocialCesión gratuíta

17-2-1977

Concello de Porto do Son ()
151021Casa do MarSada

Avda do Porto, s/n

Baixa145,80Seguridade SocialConcesión Admtiv.

27-9-1977

MOPTMA

()70,10 m en soto e 231,65 m en planta bixa están en trámite de cesión ó Concello de Porto do Son.

Dirección Provincial: Lugo.

Nº Ident.Nome e usoLocalidade e enderezoLocalización por plantas e

superficie

TitularTítulo xurídicoObservacións

272303Casa do MarBurela

Rosalía de Castro, s/n

Soto, baixa e 1ª924,25Seguridade SocialCesión gratuíta

13-10-1976

Concello de Cervo
272404Casa do MarCeleiro

Avda. Ramón Canosa, s/n

Baixa e 2ª712,27Seguridade SocialConcesión Admtiv.

4-4-1975

MOPTMA
271105Casa do MarFoz

Ribeira, s/n

Baixa179,93Seguridade SocialAdscrición

8-5-1980

Ministerio de Economía e Facenda
271006Casa do MarRibadeo

Clemente Martínez Pasarón, 8

Soto, baixa e 1ª1.268,16Seguridade SocialCesión gratuíta

31-7-1992

Concello de Ribadeo
272509Casa do MarSan Cibrao

Avda. da Mariña, s/n

Soto, baixa, e 1ª897,60Seguridade SocialConcesión Admtiv.

8-6-1992

MOTMA()
272607Casa do MarO Vicedo

Vías e Obras, s/n

Soto e baixa305,18Seguridade SocialCesión gratuíta

10-5-1984

Concello do Vicedo

()46,50 m en planta baixa e 12 m en planta primeira cedidos ó Concello de Cervo (9-10-1992 e 23-3-1992).

Dirección Provincial: Vigo.

Nº Ident.Nome e usoLocalidade e enderezoLocalización por plantas e

superficie

TitularTítulo xurídicoObservacións

360101Casa do MarVigo

Avda. Beiramar, 51

Baixa e 4ª1.605,34Seguridade SocialConcesión Admtiv.

13-1-1967

MOPTMA
360102Casa do MarAldán-O Hío

San Cibrán, 1

Baixa e alta521,69Seguridade SocialConcesión Admtiv.

4-11-1986

MOPTMA
365003Casa do MarBaiona

Alférez Barreiro, s/n

Baixa e 2ª327,77Seguridade SocialCesión gratuíta

28-2-1980

Concello de Baiona
363004Casa do MarBueu

Montero Ríos, 18

Baixa228,25Seguridade SocialAdscrición

21-12-1974

Ministerio de Facenda
364006Casa do MarCangas

Mendez Núñez, s/n

Baixa e 1ª573,12Seguridade SocialCesión gratuíta

29-3-1974

Concello de Cangas
367007Casa do MarA Guarda

Praza San Bieito, 9

2ª300,13Seguridade SocialCesión gratuíta

25-10-1984

Concello da Guarda
362509Casa do MarMarín

Ezequiel Massoni, s/n

2ª91,66Seguridade SocialCesión gratuíta

24-11-1981

Concello de Marín
364110Casa do MarMoaña

Concepción Arenal, s/n

Baixa426,00Seguridade SocialCesión Admtiv.

4-6-1986

MOPTMA
362214Casa do MarPontevedra

Mollabao, s/n

Baixa59,90Seguridade SocialCesión gratuíta

26-2-1981

Concello de Pontevedra
361618Casa do MarPortonovo

Rafael Picó

Baixa e alta481,00Seguridade SocialCesión Admitiv.

31-1-1990

MOPU
368015Casa do MarRedondela

Avda. Mendiño, s/n

Baixa e alta344,74Seguridade SocialConcesión Admtiv.

9-8-1995

MOPTMA

Dirección Provincial: Vilagarcía de Arousa.

Nº Ident.Nome e usoLocalidade e enderezoLocalización por plantas e

superficie

TitularTítulo xurídicoObservacións

370101Casa do MarVilagarcía de Arousa

Avda. da Mariña, 23

Baixa288,11Seguridade SocialAdscrición

3-5-1973

MOPTMA
378616Casa do MarAguiño

Estrada ó Porto, s/n

Soto, baixa e 1ª790,51Seguridade SocialCesión gratuíta

27-5-1991

Confraría de Pescadores
377303Casa do MarCabo de Cruz

Porto, 217

1ª e 2ª325,90Seguridade SocialCesión gratuíta

2-12-1986

Concello de Boiro
373104Casa do MarCambados

Avda. do Peirao, 12

Baixa210,32Seguridade SocialAdscrición

12-6-1980

MOPU
377405Casa do MarCorrubedo

Praza do Torreiro, 22

Baixa e 1ª390,74Seguridade SocialCesión gratuíta

22-11-1984

Asociación Veciños As Dunas
373307Casa do MarA Illa de Arousa

Avda. da Ponte, 99

Baixa360,00Seguridade SocialCesión gratuíta

28-5-1984

Concello de Vilanova de Arousa
377508Casa do MarPalmeira

Cruceiro de Cruces, 2

Soto, baixa e 1ª638,48Seguridade SocialCesión gratuíta

29-4-1987

Concello de Ribeira
378109Casa do MarA Pobra do Caramiñal

Castelao, 27

2ª e 3ª280,18Seguridade SocialCesión gratuíta

28-11-1979

Concello da Pobra do Caramiñal
378011Casa do MarRibeira

Rúa dos Mariñeiros, 8

Baixa e 1ª658,82Seguridade SocialCesión gratuíta

31-10-1984

Concello de Ribeira

RELACIÓN Nº 2

Relación nominativa de persoal de asistencia e servicios sociais do Instituto Social da Mariña que se transfire á Comunidade Autónoma de Galicia

Dirección Provincial: A Coruña

I. Persoal funcionario

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: D.L. Ferrol (A Coruña)

Verez Pérez, M. Victoria032581540Asist. socialFunc. de carreiraAC2.557.380935.6523.493.032

Centro de destino: C. Mar A Coruña

Barreiro San Martín, Edelmira035960004Camareir/Limp.Func. de carreiraAC1.249.220714.5881.963.808

López Posada, Rosalía033712331GobernantaFunc. de carreiraAC1.249.220880.9782.130.198

Sánchez Pereira, M. Carmen H.032319933Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.249.220714.5881.963.808

Centro de destino: C. Mar Lira Carnota (A Coruña)

González Senande, María Jesús033267694Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.147.020663.0121.810.032

Centro de destino: C. Mar Fisterra (A Coruña)

VacanteCamareira/Limp.C1.044.820663.0121.707.832

Centro de destino: C. Mar O Barqueiro Bares (A Coruña)

Peino Alonso, María Carmen032625204Camareira/Limp.Func. de carreiraAC943.852408.3221.352.174

Centro de destino: C. Mar Muxía (A Coruña)

Blanco Blanco, Rosa076346904Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.172.570663.0121.835.582

Centro de destino: C.Mar Corme

González Vidal, María Jesús032448780Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.172.570663.0121.835.582

Dirección Provincial: A Coruña

II. Persoal laboral

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: Dirección Provincial da Coruña

Calvo Rodríguez, Isabel011430705Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

González Fernández, Ascensio011386025Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Centro de destino: D.L. Noia (A Coruña)

Rodríguez Sánchez, Marina034922942Asist. socialInterinoAC2.570.6942.570.694

Centro de destino: C. Mar A Coruña

Ourens Neira, José María032774381Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700329.3561.968.056

Rodríguez Gala, José Mario012200515Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700329.3561.968.056

VacanteCam. Limp. Ism.C1.563.408125.4961.688.904

VacanteCam. Limp. Ism.C1.563.408125.4961.688.904

Centro de destino: C. Mar Ferrol (A Coruña)

VacanteGobernantaC1.939.308188.8922.128.200

Dirección Provincial: Lugo

I. Persoal funcionario

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: C. Mar Burela (Lugo)

López Posada, María033712793GobernantaFunc. de carreiraAC1.198.120578.6141.776.734

Centro de destino: C. Mar Ribadeo (Lugo)

López Castaño, Elena076536781Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.172.570663.0121.835.582

Centro de destino: C. Mar Celeiro (Lugo)

Cociña Fanego, Monserrat033835320GobernantaFunc. de carreiraAC1.172.570866.7402.039.310

Dirección Provincial: Lugo

II. Persoal laboral

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: Dirección Local de Burela

García Gutiérrez, Joaquín011420231Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: C. Mar Burela (Lugo)

Caldeiro Díaz, Jorge011919030Ord. C.M. Hosp. Pt.InterinoAC1.638.700190.3921.829.092

Fernández Fernández, Delia033848067Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700329.3561.968.056

Sesar Losada, Máximo033816699Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700283.0301.921.730

Centro de destino: C. Mar Ribadeo (Lugo)

Castelao López, Ana María076565278OrdenanzaLaboral fixoAC1.563.408292.0961.855.504

Centro de destino: C. Mar Celeiro (Lugo)

Fernández Limeres, Angustias033805548Ord. C.M. Hosp. Pt.InterinoAC1.638.700190.3921.829.092

García Pico, José Antonio033834393Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700329.3561.968.056

Moliner Lavado, Hilario076165567Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700283.0301.921.730

Dirección Provincial: Vigo

I. Persoal funcionario

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: Dirección Provincial de Vigo

Ruiz Gómez, María Luisa031450523X. Negoc. tipo IIFunc. de carreiraAC2.353.470935.6523.289.122

Centro de destino: C. Mar A Guarda (Pontevedra)

Pérez Cividanes, María Ángeles076892433Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.147.020664.0121.810.032

Centro de destino: C. Mar Moaña (Pontevedra)

Bernárdez Lorenzo, Carmen076804122Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.172.570663.0121.835.582

Centro de destino: C. Mar Vigo (Pontevedra)

Costa Alonso, Josefa035266604Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.223.670673.3721.897.042

Grobas García, María Carmen035906010GobernantaFunc. de carreiraAC1.274.770868.7142.143.484

Núñez Mayan, Victoria035926326Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.249.220663.0121.912.232

Portela Álvarez, Mercedes035266304Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.274.770675.0241.949.794

Rodríguez López, Estrella035962260Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.274.770672.6861.947.456

Dirección Provincial: Vigo

II. Persoal laboral

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: Dirección Provincial de Vigo

Fidalgo Catalapiedra, Maite012326236Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Gutiérrez Izquierdo, Inmaculada012752888Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Martín Olea, Begoña012748749Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Meseguer Pérez, José Antonio005399215Asist. socialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Centro de destino: C. Mar Vigo (Pontevedra)

Canosa García, Juan José035914724Ord. C.M. Hosped.Laboral fixoAC1.638.700277.0961.915.796

Centro de destino: C. Mar Aldán (Pontevedra)

Suárez Amarelo, Óscar Luis036061700OrdenanzaLaboral fixoAC1.563.408245.7701.809.178

Dirección Provincial: Vilagarcía de Arousa

I. Persoal funcionario

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: C. Mar A Pobra do Caramiñal (Vilagarcía)

Torres Martínez, Amparo076449744Camareira/Limp.Func. de carreiraAC1.172.570663.0121.835.582

Dirección Provincial: Vilagarcía de Arousa

II. Persoal laboral

Retribucións

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: Dirección Provincial de Vilagarcía de Arousa

Díaz González, Ángela0035235738Asist. SocialLaboral fixoAC2.570.694231.6022.802.296

Vinjoy Suárez, Mercedes011409505Asist. SocialLaboral fixoAC2.570.69492.6382.663.332

Apelidos e nomeDNIPosto CargoClase de

nomeamento

SituaciónF.P.BásicasComplem.Total

Centro de destino: Casa do Mar de Corrubedo (V. de Arousa)

Suárez Antelo, Celso032783142OrdenanzaInterinoAC1.563.408153.1321.716.540

Centro de destino: Casa do Mar de Palmeira (V. de Arousa)

Fernández Rodríguez, José J.032775255OrdenanzaInterinoAC1.563.408153.1321.716.540

No suposto de que resulte necesario introducir adecuacións ou correccións na identificación dos medios persoais que son obxecto do traspaso, estas realizaranse mediante certificación expedida pola Secretaría da Comisión Mixta de Transferencias.

RELACIÓN Nº 3

Valoración do custo do traspaso da asistencia e os servicios sociais, á Comunidade Autónoma de Galicia segundo o orzamento correspondente a 1998.

(Datos en miles de pesetas)

Capítulo I155.371
Capítulo II98.301
Capítulo IV57.406
Capítulo VI21.679
Custos indirectos servicios centrais e periféricos18.145
Custos asociados na Tesourería Xeral da Seguridade Social e no Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais8.836
Valoración total359.738
Ingresos por servicios prestados32.371
Valoración neta do traspaso327.367