Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Profesionales de la Seguridad Privada.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Profesionales de la Seguridad Privada que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que exerzan legalmente a actividade de vixilancia en Galicia, os profesionais e docentes dos centros especializados no seu ensino, así como tamén as persoas que posúan as titulacións e acreditacións establecidas na Lei 23/1992, do 30 de xullo, de seguridade privada.

Asinan a acta de constitución: Pedro Luis Díaz Currás, e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais